martes, 16 de mayo de 2017

A colleita de leitugas

Os alumnos e alumnas de 3º e 5º repartíronse a 1ª colleita de leitugas do invernadoiro. Aínda que o tamaño das leitugas fose pequeno, a ilusión por levalas foi grande.

martes, 2 de mayo de 2017

O noso maio


http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d110430301kP465894370o1l1/o-noso-maio

O venres, 28 de abril, celebramos no colexio  a festa de exaltación da natureza, os maios.


Fai clic na imaxe

lunes, 13 de marzo de 2017

Plantación de castiñeiros no monte Treviscoso

O mércores 8 de marzo, tiña lugar no monte Treviscoso, unha reforestación de castiñeiros promovida pola Comunidade de Montes de Tremoedo e na que participou o noso colexio, dentro do proxecto de Voz Natura.
Pola mañá, despois dunha breve explicación sobre como realizar a plantación, os alumnos dispuxéronse en grupos para ir plantando as árbores coa axuda dos mestres e do alumnado do obradoiro de agricultura ecolóxica do concello de Vilanova.

domingo, 12 de marzo de 2017

Podando as árbores

No mes de xaneiro, os alumnos e alumnas de 4º e 5º recibiron unha clase práctica sobre a poda das árbores, impartida pola xardineira do concello.