lunes, 13 de marzo de 2017

Plantación de castiñeiros no monte Treviscoso

O mércores 8 de marzo, tiña lugar no monte Treviscoso, unha reforestación de castiñeiros promovida pola Comunidade de Montes de Tremoedo e na que participou o noso colexio, dentro do proxecto de Voz Natura.
Pola mañá, despois dunha breve explicación sobre como realizar a plantación, os alumnos dispuxéronse en grupos para ir plantando as árbores coa axuda dos mestres e do alumnado do obradoiro de agricultura ecolóxica do concello de Vilanova.

domingo, 12 de marzo de 2017

Podando as árbores

No mes de xaneiro, os alumnos e alumnas de 4º e 5º recibiron unha clase práctica sobre a poda das árbores, impartida pola xardineira do concello.