lunes, 13 de marzo de 2017

Plantación de castiñeiros no monte Treviscoso

O mércores 8 de marzo, tiña lugar no monte Treviscoso, unha reforestación de castiñeiros promovida pola Comunidade de Montes de Tremoedo e na que participou o noso colexio, dentro do proxecto de Voz Natura.
Pola mañá, despois dunha breve explicación sobre como realizar a plantación, os alumnos dispuxéronse en grupos para ir plantando as árbores coa axuda dos mestres e do alumnado do obradoiro de agricultura ecolóxica do concello de Vilanova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario